jeudi 10 mai 2012

Intercambio 2012- Viaxe a Francia

Levábamos esperando que chegara o momento de partir dende facía tempo. Xa tiñamos posta a conta atrás dende que se foran os franceses. Todos estabamos moi ledos e entusiasmados por ir a Francia. Os nervios aumentaban cada vez máis ata que chegou o día, o 17 de abril de 2012. Ese gran día no que partimos cara as terras galas. Esta viaxe fixémola os alumnos de 3º de ESO e mailos compañeiros de 4ºESO. Foi unha experiencia intensa e inolvidable para todos nós. Ensináronnos a convivir mellor todos xuntos, aprendemos a defendernos mellor na lingua francesa, compartir momentos da vida cotiá nunha familia estranxeira e aprender moitas costumes e formas de vida diferentes das nosas. Este intercambio axudounos moitísimo: o poder estar en terras francesas e vivir situacións de comunicación nun contexto real, un complemento obrigatorio das clases.

París, ahhh que dicir de París! A cidade da luz, a cidade do amor mais non vimos a Sarkosy nin a Carla Bruni co seu retoño. Abraiamos. Poder estar en todos estes lugares que só viamos pola tele e monumentos en cada esquina, foi apoteósico. E Bretaña, que fermosa terra parenta nosa!

 Unha viaxe moi intensa

La Tour Eiffel
L'Hôtel de Ville de Paris

Eran ás seis da tarde do día 17 de abril cando partimos 33 alumnos de 3º e 4º de ESO en autobús cara Francia, todos eufóricos. Unha longa viaxe, 10 días polas terras de Astérix e Obélix. Primeira escala, París. Nada máis chegar dirixímonos á butte Montmarte, o monte dos mártires onde visitamos a basílica do Sacré Coeur  de estilo bizantino. Paseamos pola Place de Tertre, coñecida como praza dos pintores, uns dos lugares máis emblemáticos do París Bohemio. Logo, navegamos polo río Sena no bateau-mouche  vendo monumentos a ambos lados, e rematamos o día no Trocadero aos pés da espectacular e impoñente Torre Eiffel. O tempo non axudou moito pero a compañía é o que importa. Ao outro día realizamos un percorrido pola capital. Iniciamos o día collendo o metro para chegar ao centro da cidade, a illa da Cité, onde naceu Lutecia. Subimos ás torres da catedral gótica de Notre Dame, situada no quilómetro cero e puidemos ver as súas gárgolas entre as cales distinguimos o tan afamado pensador. Ademais paramos no Louvre, un dos museos máis importantes de Europa, onde fotografamos a Mona Lisa de Leonardo da Vinci, a Venus de Milo, a Vitoria de Samotrace entre outras coleccións tan impresionantes como a de Exipto. Paseamos polo xardín das Tuilleries e vimos o Obelixo da praza da Concordia, os Campos Eliseos e o Arco do Triunfo ao fondo. Máis, aquí non remataba o día, quedaba o mellor para o final, subir ata o pico da Torre Eiffel. 300 metros máis arriba puidemos gozar dunhas vistas panorámicas impresionantes de vérdigo da capital. Foi incrible estar alí. Ao día seguinte tocaba pasar o día no parque Disney Land Ressort onde o pasamos como ananos. Á noite, despedímonos de París cunha visita dos principais monumentos iluminados e como recompensa vimos escintilar a magnífica e elegante Torre Eiffel. Foi máxico.
Le Carrousel du Louvre
Le Louvre
La Cathédrale de Notre Dame
Notre Dame de Paris

Sábado 21, rumbo a Janzé. Xa coas maletas feitas para reencontrar cos nosos compañeiros, dirixímonos a France Miniature, un pequeno parque de atraccións onde visitamos nunha mañá toda Francia en pequeniño. Os nervios xa empezaban a apoderarse de todos. Seis e media da tarde, chegamos a Janzé onde emocionados nos volvemos a ver, despois de dous meses de espera.   As familias estaban agardando por nós diante o colexio Jean Monnet cos brazos abertos.

O domingo, moitos dos franceses decidiron levarnos a boleira onde xogamos todos xuntos de novo e outros a pista de patinaxe. Os primeiros días foron incómodos porque non coñeciamos as nosas familias, mais pouco a pouco fúmonos acostumando aos hábitos e ritmo de vida. En Janzé,  asistimos ás clases, xogamos un torneo de balonmán e elaboramos uns traballos no colexio, e fomos recibidos polo alcalde no Concello. Tamén visitamos o Mont Saint Michel, un lugar fermoso dos máis visitados despois da Torre Eiffel. Realizamos unha actividade medioambiental de observación da fauna e flora na praia de Erdeven moi interesante coa profesora de bioloxía, e fotografámonos cos menhires de Carnac, monumentos megalíticos, impresionantes aliñamentos de miles de pedras todas erguidas polo home no cuarto milenio. Outro megálito moi ben conservado e que destaca polo seu tamaño, o maior dolmen de Francia,  é o dolmen da Roche aux Fées, Rocha das fadas. Aí fomos testemuñas da lenda segundo a cal as fadas construíron este dolmen traendo as pedras de máis de 40 toneladas nos seus mandís nunha soa noite. Para finalizar a nosa estancia, visitamos a capital bretona, Rennes, coas súas típicas casas de armazón de madeira, a praza de lices, a catedral Saint Pierre, e acabamos no Parlamento de Bretaña. Chegaba o día da despedida e ninguén se quería ir. Á noite, fixéronnos unha pequena festa de despedida no colexio. Foi moi emotivo, houbo moitos choros. Non tiñamos ganas de irnos xa que os íamos botar moito de menos, pero había que voltar.

Saint Michel
La Roche aux Fées

Impresións

Foi unha oportunidade única de convivencia fraternal e de aprendizaxe informal. Foi moi motivador. Percatámonos de que eramos capaces de entender o francés e que podiamos comunicarnos cos nosos iguais. A despedida foi dura xa que lles collemos un cariño moi especial, e prometimos algúns de nós en volver a vernos no verán.

– 3º ESO
Aitor Eijo Oroza, Estela Fernández Cabana, Elena García Paleo, Andrea Gómez Pardo,
Saray Gómez Mesa, Angela Iñigo González, Ainhoa Losada Pernas,
Andrea Rega Villarejo, Aitana Rodríguez Castro

mercredi 9 mai 2012

Comenius

Vidéoclip Stop Motion, résultat du Projet Comenius entre le IES Perdouro de Burela et le Collège Jean Monnet de Janzé, 2010-2012.

Auteurs: Claudia Balseiro Tejedor, Pablo Costa Cancio et Daniel Fernández Sante, élèves de 2nde du IES Perdouro.

Sujet: L'Europe, Comenius, 9 mai fête de L'Europe