vendredi 25 février 2011

Intercambio 2011 - Acollida

O mércores 16 de febreiro as dúas e cuarto os rapaces e rapazas de terceiro, máis algúns de cuarto e de primeiro de bachillerato, atopabámonos na estación de autobuses agardando polos nosos corresponsais franceses. Estábamos moi nerviosos. Á tarde do mesmo día, quedamos todos e fomos tomar algo ao atrezzo, xa que chovía. A continuación dirixímonos amosarlles as praias, e o porto. Seguidamente fomos ata o azor, e alí estibemos comendo pipas, xa que en Francia non as teñen. Ao día seguinte, tiveron a benvida polo director, e seguidamente dirixíronse a Ribadeo de excursión. Pola tarde, fomos ata o pool debido ao mal tempo, e alí xogamos ao billar e aos dardos. O venres, fomos todos de excursión a Coruña, e visitamos diversos sitios como o domus, a casa dos peixes, etc. O sábado, pola mañá, algúns de nós quedamos para facer compras, e outros fóronse ao parque xogar un partido de baloncesto. Pola tarde, saímos polo paseo marítimo, e a noite, asistimos a unha cea que tiñamos organizada con anterioridade, e saímos ás discotecas, xa que en Francia, non poden. O domingo pasamos a tarde no parque Tixola, e posteriormente, tomamos algo no atrezzo. O luns, os nosos corresponsais foron de viaxe a Lugo, mentres nós seguiamos nas clases. O martes, tivemos a oportunidade de contar con eles nas clases, repartidos en todos os cursos, e a continuación dirixímonos a casa do concello, participar nun maratón de lectura, onde algúns deles amosáronos o seu dominio no galego. A tarde, quedamos coma sempre no Azor. O mércores dirixímonos a Santiago de Compostela, e amosámoslles a catedral. Despois organizamos un xogo por toda a cidade, que consistia en sacarlle fotos a unhos monumentos que aparecían nunha lista que nos entregaron. O xoves, os nosos compañeiros franceses foron visitar a fábrica de Sargadelos. Pola tarde, debido ao bon día que facía, algúns deles puxeron o seu bañador e fumos ata a praia do Portelo. Alí bañáronse, e a outros ''bañáronnos''. O viernes, viñeron con nós á clase, e despos do recreo fóronse facer compras para o viaxe. E despois, as catro da tarde, reunimonos todos na estación de autobuses para despedilos, xa que partían dirección á Bretaña, de novo. Foron momentos moi dificiles para nós xa que lles collimos un cariño moi especial, e a partir de ese día comezou a conta atráis para velos de novo.
Begoña Fachal e Claudia Balseiro – 3º ESO A

mercredi 23 février 2011

Participamos no Maratón de Lectura Concello de Burela 2011

Os alumnos de 3º e 4º ESO do IES Perdouro asi como os alumnos do Collège Jean Monnet de Janzé colaboraron nesta actividade de promoción da lectura impulsada polo Concello de Burela que tivo lugar ao longo do día, martes 22 de febreiro de 2011. Nesta primeira edición do maratón, Jéremy e Élodie leron en galego un fragmento de Cunqueiro, As Crónicas do Sochantre, no que se narra as viaxes fantásticas do Sochantre de Pontivy polos camiños da Bretaña.