vendredi 25 février 2011

Intercambio 2011 - Acollida

O mércores 16 de febreiro as dúas e cuarto os rapaces e rapazas de terceiro, máis algúns de cuarto e de primeiro de bachillerato, atopabámonos na estación de autobuses agardando polos nosos corresponsais franceses. Estábamos moi nerviosos. Á tarde do mesmo día, quedamos todos e fomos tomar algo ao atrezzo, xa que chovía. A continuación dirixímonos amosarlles as praias, e o porto. Seguidamente fomos ata o azor, e alí estibemos comendo pipas, xa que en Francia non as teñen. Ao día seguinte, tiveron a benvida polo director, e seguidamente dirixíronse a Ribadeo de excursión. Pola tarde, fomos ata o pool debido ao mal tempo, e alí xogamos ao billar e aos dardos. O venres, fomos todos de excursión a Coruña, e visitamos diversos sitios como o domus, a casa dos peixes, etc. O sábado, pola mañá, algúns de nós quedamos para facer compras, e outros fóronse ao parque xogar un partido de baloncesto. Pola tarde, saímos polo paseo marítimo, e a noite, asistimos a unha cea que tiñamos organizada con anterioridade, e saímos ás discotecas, xa que en Francia, non poden. O domingo pasamos a tarde no parque Tixola, e posteriormente, tomamos algo no atrezzo. O luns, os nosos corresponsais foron de viaxe a Lugo, mentres nós seguiamos nas clases. O martes, tivemos a oportunidade de contar con eles nas clases, repartidos en todos os cursos, e a continuación dirixímonos a casa do concello, participar nun maratón de lectura, onde algúns deles amosáronos o seu dominio no galego. A tarde, quedamos coma sempre no Azor. O mércores dirixímonos a Santiago de Compostela, e amosámoslles a catedral. Despois organizamos un xogo por toda a cidade, que consistia en sacarlle fotos a unhos monumentos que aparecían nunha lista que nos entregaron. O xoves, os nosos compañeiros franceses foron visitar a fábrica de Sargadelos. Pola tarde, debido ao bon día que facía, algúns deles puxeron o seu bañador e fumos ata a praia do Portelo. Alí bañáronse, e a outros ''bañáronnos''. O viernes, viñeron con nós á clase, e despos do recreo fóronse facer compras para o viaxe. E despois, as catro da tarde, reunimonos todos na estación de autobuses para despedilos, xa que partían dirección á Bretaña, de novo. Foron momentos moi dificiles para nós xa que lles collimos un cariño moi especial, e a partir de ese día comezou a conta atráis para velos de novo.
Begoña Fachal e Claudia Balseiro – 3º ESO A

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire