mercredi 22 février 2012

Intercambio 2012 - Acollida dos bretóns a Galicia

O  pasado mes de febreiro produciuse o tan esperado encontro. Como parte do Proxecto de intercambio do Comenius entre os centros de ensino Collège Jean Monnet e o IES Perdouro, recibimos a visita dun total de 34 alumnos franceses de 4ème e 3ème da Sección Europea.
Torre de Hércules - A Coruña
Logo de coñecernos por cartas no curso pasado e polas videoconferencias no primeiro trimestre, puidemos acoller nas nosas casas, aquí en Burela, aos nosos homólogos bretóns do Collège Jean Monnet de Janzé. A chegada dos franceses foi realmente emocionante para todos nós. Estabamos todos nerviosos, uns mais que outros a dicir verdade. Mais cando o seu autobús se asomou pola estación de Burela, os nosos corazóns empezaron a tolear. Os rapaces dispuxéronse a baixar apresuradamente do autobús para xuntarse connosco nunha ansiada aperta. Logo das presentacións, os recén chegados dirixíronse ás súas respectivas casas para iniciar a convivencia nos nosos fogares galegos. Empezaba a covardía e os problemas da comunicación, mais todo era válido, fala, xestos, debuxo, etc... E sempre co sorriso nos beizos.

O primeiro día falamos pouco, xa que eles estaban cansos da viaxe e aínda non tiñamos moita confianza. Axiña, comezamos a levarnos ben e atopar puntos en común que nos permitían divertirnos. En todo momento, as familas galegas mostráronse colaboradoras co proxecto de convivencia deixándonos saír todos os días cos nosos compañeiros francófonos.

Ademais de ser recibidos polo Director, Juan Sama, os rapaces foron recibidos no Concello nun acto de benvida  no Salón de Plenos. Durante a súa estancia en Galicia, a comitiva gala puido visitar a zona da Mariña, coñeceu a fábrica de Sargadelos. Viaxamos todos xuntos á Coruña e a Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela
Mais a actividade estrela deste encontro en Galicia foi a rodaxe do lipdub. E ides preguntar que é? Tratouse de realizar nunha soa toma un vídeo musical realizado por nós todos (unhas 100 persoas implicadas entre alumnado e profesorado). Algo colosal xamais feito no Perdouro. Foi un luns pola tarde e monopolizamos todo o centro durante 3 horas. Disfrazámonos e bailamos en harmonía. Pasámolo en grande, divertíndonos ao son da canción de Shakira que reversionamos. Asi dicía o estribillo: Burela Burela ah ah, Janzé Janzé ye ye , Comenius nos junta, ya Aquí en Burela... Foi unha experiencia inesquecible e que Karina, a directora do Lipdub, recordará sempre polo nerviosa que estaba. E como non, púxose a orballar na rodaxe de exterior dándolle o broche final, o toque enxebre. Agora esperamos todos impacientes poder velo en pantalla grande.

Os demais días estivemos moito tempo con eles e pasámolo moi ben. Foi unha experiencia moi intensa e interesante na que aprendemos moito. Con estas iniciativas de intercambio conseguimos mellorar a nosa oralidade en francés. Coñecemos xente nova e fixemos amigos aínda que para algún supuxo máis ca unha simple amizade...
- 3º ESO
Gabriel Bermúdez Álvarez, Victor Cabarcos Val, Cristina Cigarrán Díaz, Álvaro Crego Deán, 
Xiana Fernández Díaz, Aitor López Anello, José Manuel Míguez Márquez

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire