mercredi 27 avril 2011

Intercambio 2011 - Viaxe a Francia

O luns 4 de abril do 2011 comezaba a nosa pasaxe dos soños por Francia. Estábamos ansiosos, felices, non poderíamos explicalo. Todo empezaba ás 22.45 da noite cando nos despedíamos das nosas familias na estación de autobuses. A esa hora foi cando arrancou o autobús. Por unha parte, os nosos sentimentos eran contradictorios, xa que sentíamos tristeza porque íamos estar 16 días sen a nosa xente pero, ao mesmo tempo, unha felicidade inmensa que nos recorría todo o corpo coma un calafrío.
Durante o traxecto fixemos catro paradas; unha para almorzar, outra para xantar, e outra para descansar. A última antes da chegada foi en Nantes, onde paramos sobre as 16.30 da tarde do día seguinte. Alí coñecimos a cidade e merendamos.
Ás 19.00 chegamos a Janzé. Todos os nosos correspondentes e os seus familiares estaban agardando por nós diante do instituto cos brazos abertos. Foi un reencontro moi especial logo de 2 meses sen velos.
Despois da longa viaxe, acomodámonos nas nosas correspondentes casas para descansar, cear coa familia e coñecelos a todos.
O mércores 6 déronnos a benvida no colexio o director e máis algúns profesores. Preparáronnos como almorzo uns pasteis típicos da Bretaña, foron moi amables.
Logo fomos visitar un dólmen chamado “La Rouche aux Fées” traducido ao galego como “A Rochas das Fadas”. Despois tivemos toda a tarde libre e os nosos franceses leváronnos a Rennes de compras.
O xoves 7 visitamos Rennes pero, desta vez, cunha guía turística que nos foi explicando cada un dos monumentos e historias de dita cidade. Logo de chegar de Rennes, fomos ata o instituto onde xantamos no comedor con todos eles, e despois estivemos nas súas clases. Máis tarde, fómonos cada un para as nosas casas coma o resto dos días.
O venres 8 leváronnos visitar o Mont Saint Michel cos alumnos franceses. Trátase dun castelo que está situado no alto dunha abadía. Despois fomos de paseo por unha pequena cidade chamada Saint Malo, que se trataba dunha antiga cidade corsaria.
O sábado 9 estivemos todo o día coas familias. Pola tarde leváronnos a todos a Brie, unha pequena lagoa onde nos bañamos e tomamos o sol. Á noite preparáronnos unha festa na casa dunha das francesas, que era a filla do alcalde de Janzé. Quedará coma un recordo inolvidable, sen dúbida.
O luns 11 fomos de excursión a Carnac. Alí visitamos un monumento neolítico coñecido como “O Cairn de Gravinis”. Logo desa visita, leváronnos a Vannes onde xantamos e pasamos a tarde.
O martes 12 saímos cara París ás 8.30 da mañá, logo da emotiva despedida. Esperábanos unha longa viaxe de cinco horas. Cando chegamos á “cidade do amor”, o ver a Torre Eiffel de fondo foi sentir unha sensación de emoción moi grande. Primeiro, fomos de paseo en Bateau-Mouche polo rió Sena, a parte de ver distintos monumentos, lugares e edificios significativos, entre eles a igrexa de Sacré Coeur e, por suposto, o Mouline Rouge. Hacia as 19.00 da tarde, acomodámonos no noso hotel e ceamos.
O mércores 13 fomos de visita ao Castelo de Versalles onde, despois de xantar, paseamos polos seus xardíns durante toda a tarde. Son extensos pero preciosos. Máis tarde voltamos ao hotel moi cansados e tivemos unha hora de tempo libre antes de cear.
O xoves 14 visitamos París, destacando o barrio bohemio de Montmartre, a Catedral de Notre Dame, o Louvre e a Torre Eiffel, na cal subimos arriba de todo onde había unhas vistas marabillosas de toda a cidades parisina.
O venres 15 leváronnos a Disneyland París. Alí estivemos todo o día sen a compañía dos profesores e pasámolo moi ben. É vivir como nun mundo de fantasía, de soños. Voltamos ao hotel, onde nos esperaba unha noite moi longa de diversión xa que, era a última.
O sábado 16 iniciamos a viaxe de volta cara Burela, saíndo de París ás 7.30 da mañá. Esperábannos 18 horas de viaxe ata chegar a xunto das nosas familias aproximadamente á 1.00 da madrugada.

Dámoslles as grazas ás nosas profesoras por suposto, xa que nos fixeron moi felices organizando esta viaxe!

EN RESUMO, UNHA EXPERIENCIA QUE NON NOS SERÁ FÁCIL OLVIDALA.

Paula Doménech Barreira e Ainhoa Losada Pernas - 3º ESO A

vendredi 25 février 2011

Intercambio 2011 - Acollida

O mércores 16 de febreiro as dúas e cuarto os rapaces e rapazas de terceiro, máis algúns de cuarto e de primeiro de bachillerato, atopabámonos na estación de autobuses agardando polos nosos corresponsais franceses. Estábamos moi nerviosos. Á tarde do mesmo día, quedamos todos e fomos tomar algo ao atrezzo, xa que chovía. A continuación dirixímonos amosarlles as praias, e o porto. Seguidamente fomos ata o azor, e alí estibemos comendo pipas, xa que en Francia non as teñen. Ao día seguinte, tiveron a benvida polo director, e seguidamente dirixíronse a Ribadeo de excursión. Pola tarde, fomos ata o pool debido ao mal tempo, e alí xogamos ao billar e aos dardos. O venres, fomos todos de excursión a Coruña, e visitamos diversos sitios como o domus, a casa dos peixes, etc. O sábado, pola mañá, algúns de nós quedamos para facer compras, e outros fóronse ao parque xogar un partido de baloncesto. Pola tarde, saímos polo paseo marítimo, e a noite, asistimos a unha cea que tiñamos organizada con anterioridade, e saímos ás discotecas, xa que en Francia, non poden. O domingo pasamos a tarde no parque Tixola, e posteriormente, tomamos algo no atrezzo. O luns, os nosos corresponsais foron de viaxe a Lugo, mentres nós seguiamos nas clases. O martes, tivemos a oportunidade de contar con eles nas clases, repartidos en todos os cursos, e a continuación dirixímonos a casa do concello, participar nun maratón de lectura, onde algúns deles amosáronos o seu dominio no galego. A tarde, quedamos coma sempre no Azor. O mércores dirixímonos a Santiago de Compostela, e amosámoslles a catedral. Despois organizamos un xogo por toda a cidade, que consistia en sacarlle fotos a unhos monumentos que aparecían nunha lista que nos entregaron. O xoves, os nosos compañeiros franceses foron visitar a fábrica de Sargadelos. Pola tarde, debido ao bon día que facía, algúns deles puxeron o seu bañador e fumos ata a praia do Portelo. Alí bañáronse, e a outros ''bañáronnos''. O viernes, viñeron con nós á clase, e despos do recreo fóronse facer compras para o viaxe. E despois, as catro da tarde, reunimonos todos na estación de autobuses para despedilos, xa que partían dirección á Bretaña, de novo. Foron momentos moi dificiles para nós xa que lles collimos un cariño moi especial, e a partir de ese día comezou a conta atráis para velos de novo.
Begoña Fachal e Claudia Balseiro – 3º ESO A

mercredi 23 février 2011

Participamos no Maratón de Lectura Concello de Burela 2011

Os alumnos de 3º e 4º ESO do IES Perdouro asi como os alumnos do Collège Jean Monnet de Janzé colaboraron nesta actividade de promoción da lectura impulsada polo Concello de Burela que tivo lugar ao longo do día, martes 22 de febreiro de 2011. Nesta primeira edición do maratón, Jéremy e Élodie leron en galego un fragmento de Cunqueiro, As Crónicas do Sochantre, no que se narra as viaxes fantásticas do Sochantre de Pontivy polos camiños da Bretaña.

mardi 12 octobre 2010

Election du logotype de notre projet Comenius

Voici quelques propositions de logos. Il va falloir en choisir un qui vous plaise le plus. Mais lequel choisir? C'est à vous de décider.
LOGO 1

LOGO 2

LOGO 3

LOGO 4

LOGO 5


LOGO 6


Toutes les images des logotypes ont eté tirées d'une banque d'images libres.

samedi 2 octobre 2010

Présentation des groupes - 2010-2011

Voici les élèves de 3º ESO de l'instituto Perdouro et de la 3ème Section Euro du Colège Jean Monnet qui feront parti de l'échange de cette année.

3º ESO - 2010-2011
3ème Euro - 2010-2011